Dende esta Sección Sindical queremos facer público o que aconteceu na CRTVE Galiza o venres 22 de maio, último día da campaña das Elección Locais 2015.
Ese día
houbo folga no transporte público da cidade de A Coruña (gobernada polo PP), unha
das principais cidades de Galiza.
As
persoas responsables da edición do informativo decidiron non cubrir esta
información, de feito no Telexornal primeira edición, non saiu nada.
Logo
das presión que exerceron traballador@s a título individual e algúns
representantes sindicais, accederon a cubrir a noticia a última hora da maña (despois
das 14:00 horas) e emitir unhas colas no Telexornal segunda edición.
Dende
esta Sección Sindical parécenos lamentable este tipo de actuacións, que
obedecen a intereses escuros e se apartan dos criteiros xornalísticos que
deberían de ser os únicos válidos á hora de levar a cabo a nosa función de
Servizo Público, algo que parece que algunhas persoas esquencen, pero que nos
estamos dispost@s a recordar as veces que fagan falla.