martes, 18 de noviembre de 2014

Pronunciamento do Consello de Informativos sobre a queixa en canto o "mal uso" do Galego

Dende esta Sección Sindical queremos denunciar o “abandono forzado” do servizo público que temos que prestar dende a CRTVE.

 Este abandono estase levando a cabo en contra da vontade das/os traballadoras/es.

 As últimas decisións tomadas por parte de distintas Direccións da CRTVE están tratando de valeirar a Empresa do seu contido como Servizo Público.

 Xa denunciamos no seu día o trato que se lle da o Galego
( http://cntrtvegalicia.blogspot.com.es/2014/09/na-defensa-do-uso-do-galego-nos-medios.html ) presentando unha queixa formal ó Consello de Informativos que na acta da súa última xuntanza ven de dar a razón a CNT.


Puntualiza que cando as declaracións de quen sae en imaxe son en galego o mais axeitado é usar o subtitulado, tal e como xa se recomenda no “Manual de Estilo de RTVE”, respetando deste xeito a  Lei 17/2006, do 5 de xuño, da Radio e a Televisión de titularidade Estatal, mais concretamente nos seguintes artigos:

- Artigo 3. Encomenda do servizo público de radio e televisión
- Artigo 7. Estrutura da Corporación RTVE.
- Artigo 28. Pluralismo e dereito de acceso.
- Artigo VI, A Linguaxe en RTVE. 6.5.8.9. Nomes e Topónimos. Subtítulos e doblaxe 

 Tamén vimos de denunciar un acto de censura que, por desgracia, non é un caso aillado na nosa Empresa ( http://cntrtvegalicia.blogspot.com.es/2014/10/censura-en-crtve-galiza.html ), sobre a non cobertura dun acto en contra do peche da Onda Curta protagonizado por mariñeiros galegos, cando xa estaba todo pechado para facer a reportaxe, despois de “recibir unha chamada”.

 Son estos dous casos, o uso do galego e a emisión de Radio Exterior de España por onda curta, dous exemplos claros de servizo público e o que se está a facer por parte da Dirección claramente deixan ver cal é a estratexia que pensan seguir.

 Por un lado trátase de eliminar todo o que nos xustifica como servizo público e por outro afogarnos financieiramente, para ó final xustificar unha reducción forzosa de persoal, unha privatización ou, como xa fixeron con outras empresas públicas de comunicación, un peche.

 Estos demócratas? non queren unha CRTVE independente e con unha financiación estable, na que as persoas que traballamos nela poidamos derenrolar o noso traballo libremente e ca profesionalidade que levamos demostrado ó longo de moitos anos.

 Estamos fartos/as de que non se aposte por ter unha producción propia que ocupe a totalidade da plantilla, unha carreira profesional para que os mellores desta casa estén onde deberían de estar e que deixen de vir directivos externos ben pagados a esquilmar ó Público, e a gota que colma o vaso é o feito de poñer nas xefaturas dos informativos as persoas dos seus gabinetes de prensa... xa non teñen nin un mínimo do que hai que ter.

 Por todo isto queremos deixar moi claro ante a opinión pública,  que a inmensa maioria dos e das tralladores e traballadoras de CRTVE non estamos de acordo ca deriva que está collendo esta nosa Empresa, polo que a CNT non deixará de denunciar estes feitos que nos apartan do noso cometido, que non é outro, que ofrecer unha información veraz e independente.

 O PUBLICO É SERVIZO, O PRIVADO BENEFICIO.


No hay comentarios: