Dende esta Sección Sindical queremos denunciar o
“abandono forzado” do servizo público que temos que prestar dende a CRTVE.
Este abandono
estase levando a cabo en contra da vontade das/os traballadoras/es.
As últimas
decisións tomadas por parte de distintas Direccións da CRTVE están tratando de
valeirar a Empresa do seu contido como Servizo Público.
Xa denunciamos no
seu día o trato que se lle da o Galego
( http://cntrtvegalicia.blogspot.com.es/2014/09/na-defensa-do-uso-do-galego-nos-medios.html
) presentando unha queixa formal ó Consello de Informativos que na acta da súa
última xuntanza ven de dar a razón a CNT.