martes, 22 de enero de 2013

Visita de sindicalistas de UGT-RTVE de Madrid.


Lugar/hora : Plató grande / sobre as 14:30 horas.

Asistentes: 23 traballadoras/es.

Comezan a charla dicindo que van a dar uns cantos “apuntes” e que logo pasaremos a plantexar as preguntas que consideremos oportunas.

- Hai un par de Reales Decretos moi interesantes, que teñen uns contidos que nos poden afectar moi directamente. Un é o publicado o 30 de outubro de 2012, no que se fala sobre o despedimento de traballadores públicos.

- No ano 2012 houbo un recorte de 200 millóns de euros e tívose un déficit de 104 millóns. No ano 2013 hai un recorte de 290 millón o que lle hai que sumar o déficit, como este se pode dividir en 2 anos, sumámoslle a metade, o cal da un “recorte total” de uns 350 millóns +/-

- Ca suma de recorte e déficit prodúcese unha redución moi importante do presuposto de RTVE, pasando duns 1200 millóns a uns 800, o que a súa vez, da lugar a que o índice da masa salarial con respecto ó presuposto total sexa de entre un 40 e un 50% (aínda que a masa salarial redúxose en 20 millóns). Seica calquera empresa na que o custe da masa salarial sexa mais dun 30% fai que sexa un empresa inviable.

Este presuposto é moi probable que, aínda que se supere a crise actual, non volva a subir.

- O Convenio foi denunciado polo Presidente da Corporación en setembro de 2012, seica para adecualo a normativa actual.

Fíxoo sen comunicarllo á parte social, cando o fixo foi dándolles unha copia cuñada do papel presentado na autoridade laboral (feitos consumados).

O de adecualo a normativa actual, por citar un par de exemplos da Reforma Laboral que nos vai afectar moi directamente, son o de que un 10% da xornada pode ser variable sen que iso supoña cobro de cantidade algunha e a mobilidade xeográfica.

- Estrutura territorial.
Parece ser que existen 3 fases en función da distribución xeográfica da Corporación.

Fase 1. Cando os centros de traballo de RNE e TVE están no mesmo lugar.

Fase 2. Cando están na mesma cidade pero en distinto lugar.

Fase 3. Esta só se da en Estremadura, Euskadi e Galiza, cando a cabeceira de RNE e a de TVE están en distinto lugar. Isto nun prazo de 1 ano, mais ou menos, pasarán a estar na mesma cidade o cal vai implicar traslados. Logo cando isto estea feito será cando se faga un estudo das plantillas.

Isto seica sae na Intranet.

- O consumo televisivo está mudando, a maioría da xente fai consultas en dobre pantalla, televisión e tablet, ordenador,… Por isto non se entende o cambio de pasar Interactivos a 24 Horas, o que debería ser o futuro (Interactivos) non debería de depender da dirección do 24 Horas.

- Hai en marcha un par de cursos, un para que os técnicos de RNE pasen a cámaras e outro para os redactores de RNE fagan TV. RNE estase absorbendo por parte de TVE.

- Por 2 veces que se reuniu o Consello de Administración ca Sra. Soraya Sainz de Santamaría, esta fixo fincapé en que a plantilla de RTVE é moi grande. Parte como referencia das do grupo Planeta e do grupo Mediaset, que andan nos 4000 traballadores/as.

- Seica non hai papel sobre a mesa con unha proposta para o novo Convenio, hai que ter en conta o que sería un teórico devenir de acontecementos:

Unha vez denunciado o Convenio ábrese un período de negociación dun ano, este remataría o 23 de setembro deste ano, se non hai acordo establécese un arbitraxe que ten un período de 3 meses e en caso de que non solucione o tema, aplicaríase o Estatuto dos Traballadores, dixeron que ata aquí non crían que se chegaría.

- Non se sabe se haberá un ERE, non hai nada enriba da mesa neste intres. Podería haber primeiro unha baixada de salarios e logo un ERE, xa que para calcular as indemnizacións téñense en conta os 6 últimos meses.

Dicían que hai que estar atentos/as a todo o que faga a Dirección e que é momento de ir todas/os a unha, non ten sentido “agocharse debaixo da mesa” e procurar que isto nos pase de largo, xa que non vai ser así.
Quenda de preguntas.

Un traballador pregunta se houbo conversas ca Dirección da Empresa para saber a súa proposta? E tamén preguntou polo tipo de ERE que se aplicaría, chegado o momento.

O primeiro, o único papel presentado pola Dirección falaba de quitar parte do salario base + antigüidade e poñer un complemento para estimular a produción??? Si contrataron unha asesoría, polo que é probable que nos próximos días presente algunha proposta.

En canto o do ERE, describiron varios que se levaron a cabo en distintos medios de comunicación e expuxeron que un dos problemas cos que contamos é que a nosa plantilla non da para facer prexubilacións, xa que dende o anterior ERE quedou unha plantilla con xente a que lle faltan moitos anos para chegar a idade de xubilación.
Ó non ser por idade o ERE, faríase por áreas, similar o de Telemadrid, cámaras, realizadores/as,….

Tamén se falou da financiación, ante a pregunta doutro traballador que apuntaba a que o Goberno non cumpría ca lei de financiación de RTVE.

Os compañeiros de Madrid dixeron que en breve, un par de meses, sairía a sentencia do Tribunal Europeo sobre a reclamación das Telecos sobre a financiación de RTVE, que lles obriga a aportar unha porcentaxe dos seus beneficios para finaciar o servizo de RTVE, e que esta sentencia sería favorable os intereses das Telecos. Polo que se sumaria ó déficit outros 160 millóns

Tamén explicaron que aínda que RTVE corre cos gastos de producir o 100% de series como Aguila Roja, non se pode beneficiar da venta destes produtos a terceiros (outras TV, ….) xa que non ten os dereitos.

Outro traballador dixo que na anterior visita dixeran que a Dirección plantexaba plantilla ou parrilla, e que agora parecía que o que se plantexaba era salarios ou plantilla. Tamén pregunto de si se tiña unha estratexia que non fose a mesma (ou unha alternativa) a que se fixera en Telemadrid.

Escolleuse claramente plantilla e de aí viñeran a non emisión das grandes series, o que deu lugar a unha baixada de audiencia brutal. Sen embargo agora, neste mes, acababamos de estrear dúas series das grandes, Cuéntame … e Gran Reserva. Tamén que se estaban emitindo películas de “primeiro pase”, como fora a de Transformers,…

Dixeron que se notaria moito mais, ante a opinión pública, unha hora de TVE a negro que un mes de Telemadrid a negro. Tanto por estar nos a nivel nacional como por ter un índice de audiencia maior que Telemadrid.

Volveu a preguntar o traballador polo de si había estratexia.

En novembro foron falar ó Parlamento Europeo (do cal cada vez dependen mais cousas que nos afectan) co Comité Económico e Social para que establecese un dictamen e regulara o funcionamento de todas as TV Públicas Europeas, xa que estas non están regulamentadas. Están pendentes de enviarlles documentación.

Traballaron con Alcaldes e Deputados/as onde hai Unidades Informativas, pasándolles información do que di a Lei sobre RTVE e a función que ten que facer.

No seu momento denunciaron o corte feito pola Dirección (de un día para outro) de RNE da onda corta para Europa e América,o que fixo que esta decisión se mudara.

Outro traballador dixo que se baixaba audiencia para logo recortar e se non se podería recuperar a forma de elección do Presidente da Corporación.

Seica está demandada esta forma de elección por entender que é inconstitucional. Á espera da sentencia.

Sobre as sinerxias, preguntaron un par de traballadores.

Para eles se sinerxias é pasar información de RNE a TVE, e viceversa, veno ben. Pero se é unir informadores/as de RNE e TVE, non o ven ben, xa que son dous medios distintos e dous xeitos distintos de traballar.

Tamén dixeron que a formación ten que ir homologada polo IORTV, que un curso de 1 semana para que un técnico de RNE faga de cámara non é suficiente, e moito menos dado por un compañeiro “nun momento”.

Si dixeron que a Dirección estaba “tanteando” , mirando cal fora o índice de participación na última folga, cambiando o destino dos/as traballadores/as das UU.II. para os CC.TT., mirando cal era a reacción da xente, “si cola, cola”.

Por todo isto hai que estar atentos, non vaia ser que cando nos demos conta xa non haxa marcha atrás.