miércoles, 29 de septiembre de 2010

viernes, 3 de septiembre de 2010

Folga no sector forestal.


A Sección Sindical Forestal da CNT-AIT, xunto coa Asamblea de Traballadoras e Traballadores do Distrito XVII convocamos a todolxs compañeirxs de SEAGA de todolos distritos forestais de Galiza, a unha xornada de FOLGA o dia 11-09-2010 dende as 00:00h. até as 24:00h., e a acudir a manifestación que percorrerá o mesmo día as 12:00h. as rúas de Santiago de Compostela dende a Alameda até o edificio da Xunta de Galiza.



O obxectivo principal da folga consiste en que se acepten as seguintes reivindicacións:



-A dotación inmediata dos medios materiais que garantizen a seguridade dos bombeiros e bombeiras forestais na luita contra o lume o que queda de campaña. (pantallas de protección, gafas ignifugas e apropiadas para gases, equipos autonomos de respiración para uso en caso de emerxencia, emisoras para cada integrante das brigadas, botiquins individuais,etc.)

- A elaboración inmediata e posta en marcha dun plan de prevención de riscos laborais, no que se faga especial fincapé na formación teórica e práctica da plantilla.

-A convocatoria da mesa de negociación do 1º convenio colectivo do sector forestal galego. Na que deben estar presentes todalas seccions sindicais con presencia na empresa, incluido o anarco-sindicato CNT-AIT, que por principios non participa nas eleccions sindicais e os/as representantes das asambleas de traballadores/as.

-O recoñecemento da categoría profesional de bombeiro/a forestal, e a súa inclusión como servizo de emerxencias.

-A retirada da UME (Unidad Militar de Emergencias) e das patrullas do ET (Ejercito de Tierra) do operativo contra incendios forestais, e o traspaso dos seus medios materiais as/os bombeiras/os forestais.

Hoxe día 3-09-2010 as 18:00h no punto de encontro da Cañiza temos convocada unha rolda de prensa conxunta a Sección Sindical Forestal da CNT-AIT e os/as portavoces da Asamblea de Traballadores do DXVII.

Iremos informando polo noso blog, e mediante comunicados de prensa das novidades que se vaian producindo.

Agradecendo de anteman todo o apoio que poidamos recibir para extender esta convocatoria até o ultimo punto de encontro, base ou caseta da Galiza:

¡Saúde, e até a victoria final!

¡Por un sector forestal, unido, consciente, e combativo!