miércoles, 29 de octubre de 2008

Os diñeiros dos conselleiros (de RTVE)

A pregunta do millón (e medio de euros).
Na sesión de hoxe, o diputado do PP Eugenio Nasarre preguntoulle a Fernández polas retribucions íntegras que perciben os conselleiros de RTVE. A resposta foi unha cifra total de 1.560.000 euros. (SERVIMEDIA) 28-OCT-2008 JRN/isp


Os agraciados son:
Ademais de Fernández, o Congreso desigou ó cineasta Francesc Bellmunt (a proposta de ERC), Jesús Andreu e Manuel Esteve (a proposta do PP), Teresa Aranguren (candidata de IU- ICV), Héctor Maravall (polo sindicato CC OO), Santos Miguel Ruesga (UGT) e a Miguel Ángel Sacaluga (PSOE).O Senado nombrou a Josep Manuel Silva (CiU), Mari Cruz Llamazares (PSOE), Rosario López (PP) e Andrés Martín (PP). ELPAIS.com, AGENCIAS - Madrid - 15/01/2007

Nota de última hora: o consello de RTVE non está politizado. AGENCIAS del interespacio- 26/10/2008

miércoles, 22 de octubre de 2008

LAYA-UNED despide á delegada sindical de CNT.

A subcontrata fantasma da Universidade Nacional de Educación a Distancia reprime a aqueles que reclaman os seus dereitos .O pasado abril constituise a sección sindical de CNT en Laya Producciones, empresa encargada da realización do programa de televisión “UNED”, que se emite en La 2, en TVE Internacional e en Tele K. Sen embargo, este proceso administrativo é unha mera tapadeira xa que a subcontrata limitase á xestión dos contratos do persoal e a UNED exerce como a verdadeira empresa. En teoría, Laya Producciones proporciona un servizo pero o que de verdade subministra é man de obra, en algúns casos seleccionada previamente pola UNED. Os trabajallores seguen órdes da directora de televisión do Centro de Medios Audiovisuais da UNED, a universidade aporta todo o material (cámaras, ordenadores, teléfonos, salas de visionado e de edición) e proporciona un lugar de traballo xunto ós demais traballadores do CEMAV. A Universidade evita así ter unha relación directa contractual cos seus verdadeiros empregados, ós que a pseudocontrata despide e volve a contratar en cada curso académico (non acumulan antigüedade e desta forma sempre son temporais).Pois ben, tras diversas accions sindicais e a correspondente demanda por cesión ilegal de traballadores, Laya Producciones despediú en xullo, como todos os anos, ós traballadores. Supoñíase que en septembro a plantilla volvería a incorporarse os seus postos de traballo e así aconteceu. Ca excepción de Tania, a delegada da sección sindical de CNT. O noso sindicato xa se puxo mans á obra. Advertimos a Laya e á UNED do desprestixio que lles pode acarrear unha campaña de denuncia de CNT, pero tanto Andrés Pérez, responsable de Laya Producciones, como Juan A. Gimeno, rector da universidade, fixeron oídos xordos. Polo tanto, CNT entra en conflicto con ambas empresas ata que a delegada sindical sexa readmitida.
READMISIÓN INMEDIATA DA DELEGADA DE CNT. BASTA DE REPRESIÓN SINDICAL. BASTA DE SUBCONTRATAS FANTASMA

martes, 14 de octubre de 2008

Constituida a mesa para a negociación do novo Convenio Colectivo.

Segundo informa Alternativa no seu último comunicado, o pasado xoves 9 de outubro constituise a mesa para a negociación do novo Convenio Colectivo.
Non é sin tempo, porque como recordaredes, figuraba no conxunto de reivindicacións que motivaron a convocatoria de folga en febreiro deste ano, que esta negociación comezase en xuño de 2008.

Os motivos da folga foron os seguintes:
1- Subida salarial do IPC para o ano 2007 e recuperación do poder adquisitivo.
2- Inicio da negociación do convenio colectivo para o 2008.
Proponse a apertura formal da comisión negociadora de dito Convenio Colectivo para o primeiro día laborable do mes de xuño de 2008; a empresa procedera nese momento a comunicación para o seu rexistro deste feito na oficiña administrativa correspondente.
3- Ocupación inmediata da estructura territorial.
4- Incorporación inmediata dos aprobados na convocatoria 2007.
5- Cumplimento dos acordos para a constitución da Corporación RTVE e Convenio Colectivo.

Xulgade vos mesmos se a desconvocatoria mereceu a pena.

lunes, 6 de octubre de 2008

A plantilla do diario MARCA vai a folga

La plantilla del diario MARCA va a la huelga
La negativa de la empresa a negociar las propuestas de mejora del convenio presentadas por la plantilla no han dejado otra salida que la convocatoria de huelga para los días 11, 15 y 18 de octubre.

Se queredes mais información podedes premer no enlace ó seu blog.

miércoles, 1 de octubre de 2008

Fin dos contratos cas productoras

Parece ser que a partir de hoxe non se van a cubrir as noticias con productoras nas delegacións provinciais de TVE.
Decimos que parece ser, xa que non temos constancia mais que por un rumor que corria polos pasillos do centro territorial, o cal apuntaba a que a semana pasada chegou un Burofax (con maiúsculas) dos responsables económicos da empresa ca "boa nova". Os grumetes que pilotan este barco á deriva , seguindo na súa liña, non informaron ó conxunto das/os traballadoras/es deste cambio de rumbo.
Imaxinamos que esta decisión débese a intención de reducir custos, e non sabemos se se vai aplicar tamén as productoras que fan superprogramas para TVE (superprogramas=superpresupostos), pero temémonos que non.
¿Haberá informativo sen o traballo das productoras? ¿Pódese facer o telexornal só cos medios propios? ¿Son suficientes as plantillas dos centros territoriais? Mentres deixamos estas preguntas no aire outros seguirán ERE que ERE.
Estaremos atentos os acontecementos dos próximos días.